Son Noelia Geada, logopeda especialista en voz e cantante. Tamén son integradora social, complemento perfecto para outros campos da logopedia distintos ao da voz.

Voz profesional

Para persoas que traballan coa voz, profesores/as, cantantes, actores e actrices, teleoperadores/as, presentadores/as de televisión, etc.

Técnica vocal

Mellora a túa técnica para proxectar mellor a túa voz, reducir molestias, evitar lesións e dar as tuas cordas vocais mellor calidade de vida durante mais tempo.

Quentamento vocal

É imprescindible saber quentar ben as túas cordas vocais antes de traballar con elas.

Hixiene vocal

Aprende a coidar a tua farinxe para evitar lesións.

Rehabilitación de disfonías

Nódulos, pólipos, quistes, etc. En caso de ciruxía, rehabilitación pre e postoperatoria.

Logopedia xeral

Ademais da voz tamén traballo outras areas da logopedia.

Talleres e cursos

Poderás aprender nocións básicas de técnica vocal e uso da voz profesional para que poidas facerte unha idea de como utilizar a tua voz, así como tamén coñecer como é o teu instrumento.

Quero mais informacion

Opinións

"Noelia é unha gran profesional e ten un trato exquisito. Ademáis de traballar o aspecto logopédico, tamén me asesorou a nivel de técnica vocal de canto. Dende respiración á proxección, pasando polos hábitos vitais como o sono ou a alimentación. Os seus coñecementos no eido da música marcaron a diferencia."

David Taboada

cantante e músico

"Se a vocación se une ao talento poden sair profesionais nos que confiar. Noelia ten ademais unha implicación real con cada un dos seus pacientes"

Carmen Rodríguez

mestra de infantil